Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Jam Session

Data: 
28/02/2025
Lugar: 
Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela

O venres, 28 de febreiro, ás 21 h músicas e os músicos tudenses e da contorna reuniranse nunha Jam Session no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. É unha iniciativa conxunta do Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, e a promotora local FB ProduXion.

Sobre o escenario estarán músicos locais de Tui, Valença, Vigo, O Porriño e Goián para improvisar nos estilos do Blues, Soul e Funk, ofrecendo a mellor música en directo.  

Para participar como músico na Jam Sessión so será preciso instrumento de man (guitarra, baixo, saxo…) e anotarse nas redes de FB ProduXion.