Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Día de Rosalía

Data: 
24/02/2025
Lugar: 
Tui

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía coincidindo co 188 aniversario do acemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

Por este motivo o Concello de Tui elaborou un programa de actividades con propostas infantís, poemas na rúa e degustación do Caldo de Gloria a desenvolver o luns 24 de febreiro. 

  • Ás 12 h o novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Actividade para o alumnado dos primeiros cursos de Educación Primaria a cargo de “Trémola Teatro”. A actriz Paula Regueiro traerá o contacontos "Historias soñadas"; un espectáculo creado a partir de textos e da vida de Rosalía de Castro que mestura poesía, cancións e música para achegar ás crianzas a unha das figuras máis importantes da nosa cultura.
  • Ás 17.30 h, na Biblioteca Municipal
    • Obradoiro titulado “Facer chapas con Rosalía” no que as nenas e nenos realizarán diferentes chapas da autora, xogando con diferentes versos e imaxes,  despois de coñecer algúns dos aspectos máis relevantes da súa vida e obra. É unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos de idade. Poden participar os nenos e nenas que sexan socios da Biblioteca Municipal de Tui. Cómpre inscrición previa a través do correo electrónico biblioteca@tui.gal.
  • Ao longo da xornada do luns na Biblioteca Municipal estará “A figueira de Rosalía” na que as persoas usuarias están convidadas a engadir un poema seu ou de Rosalía como unha nova folla desta árbore que irá medrando ao longo deste día.

 

Degustación do “Caldo de gloria” na casa ou nos restaurantes colaboradores

  • Nesta edición participan Emma Tapas&Bruch, Empanadaría Aloia, Restaurante “El Molino”, Restaurante “O novo Cabalo Furado” e Restaurante “O Cruceiro do Monte”.  

En diversos lugares do centro de Tui estarán colocadas lonas con poemas de Rosalía de Castro para lembrar esta data e divulgar a súa obra poética entre a veciñanza.