Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores preséntase o Calendario Deportivo da Eurocidade

4/02/2025

Mañá mércores 5 de febreiro, ás 11.00 horas españolas, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025, que contará con 13 eventos deportivos, organizados por diferentes asociacións deportivas de Tui e Valença, así como por empresas especializadas.

Neste acto estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara Municipal de Valença, José Manuel Carpinteira,  o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, acompañados polos representantes das distintas asociacións deportivas e empresas organizadoras dos eventos deportivos.