Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trail do Aloia

Data: 
8/02/2025
Lugar: 
Parque Natural Monte Aloia

O sábado 8 e o domingo 9 de febreiro celebrarase o Trail do Aloia organizado polo Club Atletismo de Tui e NOKAO, en colaboración co Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra.

O sábado 8, dende as 16.30 h, celebrarase o Aloia Kids Trail para nenos e nenas de 0 a 14 anos. A participación será gratuíta. Haberá distintas categorías en función da idade dos e das participantes: 

  • Baby ( 0 a 4 anos) 100 metros.

  • Baby power (5 a 8 anos)  de 700 metros

  • Baby rocket ( 9 a 11 anos) 1000 metros

  • Baby Warriors ( 12 a 14 anos)  1.200 metros. 

Todos os participantes levaran un agasallo ao remate do Trail. 

O domingo 9 de febreiro terá lugar o Trail do Aloia con dúas distancias. 

  • Ás 10.00 h  Gran Trail (maiores de 16 anos) 20 quilómetros 

  • Ás 10.30 h Speed Trail (maiores de 15 anos) de 10 quilómetros.

A inscrición xa está aberta na páxina web da proba traildoaloia.com. As persoas interesadas poden anotarse até o 7 de febreiro. Os prezos na proba de 10 quilométros son de 16 euros até o 2 de febreiro e de 18 euros ata o peche da inscrición. Na de 20 quilómetros, o prezo é de 20 euros e de 22 para os que agarden aos últimos días de inscrición.