Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cabalgata Internacional de Reis 2025

Data: 
5/01/2025
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença suspende a celebración dar súa Cabalgata Internacional de Reis, ante as adversas predicións do tempo para esta fin de semana.  Garantir a seguridade tanto do público coma das persoas participantes na comitiva motivou esta decisión xa que gran parte do percorrido, de 3,5 quilómetros entre as dúas cidades, transcorre por zonas moi abertas, e a previsión indica a posibilidade de refachos fortes que poderían acadar os 80 kms/h. 

Recepción Real

Melchor, Gaspar e Baltasar estarán este domingo, 5 de xaneiro, no Teatro Municipal de Tui para recibir a todos os nenos e nenas que desexen saudalos de 12 a 14 h e de 17 a 20 h. O escenario do teatro tudense transformarase con toda a maxia dos Reis para dar a benvida aos pequenos e pequenas. Os Magos de Oriente escoitarán atentos as súas peticións e obsequiaranos con lambetadas.  

Amais as carrozas das asociacións Arume de Malvas, Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe estarán expostas no exterior do Mercado de San Antonio o domingo de 17 a 20 h. Nese horario poderase disfrutar da creatividade e ilusión plasmada no traballo destas tres asociacións.  Contarase tamén  coa actuación das charangas A Tu Ritmo e Cantos Somos no Teatro Municipal.

DOMINGO 5 DE XANEIRO DE 2024

  • 12.00 a 14.00 h e de 17 a 20 h Recepción das Súas Maxestades no Teatro Municipal de Tui.
  • De 17 a 20 h exposición carrozas das asociacións Arume de Malvas, Aloia de Pazos de Reis e Xuntanza de Randufe no exterior do Mercado de San Antonio
  • Actuación das charangas A Tu Ritmo e Cantos Somos no Teatro Municipal.