Clausura do Obradoiro de Emprego Senda Río Miño: Areeiros-Penedo
7/12/2024
O próximo luns, 9 de decembro, ás 11 h, na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, terá lugar a clausura do Obradoiro de Emprego Senda Río Miño: Areeiros-Penedo
O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, do xefe Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Pontevedra, José Antonio Rodriguez Fachado, e do delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo.