Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Maxia do Nadal en Tui | Programación

Data: 
30/11/2024
Lugar: 
Tui

 Mercado de Nadal

  • Datas: Do 30 de novembro ao 5 de xaneiro
  • Lugar: Paseo da Corredoira  
  • Datos: 20 casetas de madeira con produtos propios destas datas coma agasallos, decoración, plantas, artesanía, e gastronomía.
  • Quendas:
    • 1ª quenda: do 30 de novembro ao 12 de decembro de 2024
    • 2ª quenda: do 13 ao 24 de decembro de 2024
    • 3ª quenda: do 26 de decembro de 2024 ao 5 de xaneiro de 2025
  • Horario:
    • Luns a xoves de 17 a 21h
    • Venres de 17 a 22 h
    • Sábados, festivos e vésperas de festivo: de 12 a 14 h e de 17 a 22 h
    • Domingos de 12 a 14 h e de 17 a 21h
    • Martes 24 e o martes 31 de decembro abrirá de 12 a 14 h
    • Mércores 25 de decembro e mércores 1 de xaneiro permanecerá  

Taller Máxico de Papa Noel

  • Datas: Do 30 de novembro ao 5 de xaneiro
  • Lugar: edificio da praza da Inmaculada
  • Espazos:
    • Oficina Postal: onde se poderán escribir e decorar as cartas para Papa Noel, depositándoos no buzón máxico.
    • Obradoiro de Xoguetes:  onde os elfos constrúen os xoguetes
    • Despacho: onde Papa Noel consulta a súa lista máxica de desexos.
    • Cociña: onde son preparadas galletas e chocolate quente, doces favoritos dos elfos. 
    • Árbore dos Desexos
    • Os paxes dos Reis Magos visitarán tamén o Taller Máxico de Papa Noel a partir do 26 de decembro recollendo as cartas para Melchor, Gaspar e Baltasar. 
  • Horario:
    • Do 30 de novembro ao 22 de decembro de luns a venres de 17 a 20 h,  e as fins de semana e días festivos de 11 a 14 h e de 17 a 20 h
    • Do 23 de decembro ao 5 de xaneiro 11 a 14 h e de 17 a 20 h
    • Os martes 24 e 31 abrirá so de 11 a 14 h
    • Os mércores 25 e 1 de xaneiro permanecerá pechado.  

Belén de Mingos

  • Do 1 de decembro ao 5 de xaneiro na Oficina de Turismo no Paseo da Corredoira exposición do Belén de Mingos
  • Horario:
    • De martes a domingo e festivos de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h

Decoración de rúa

  • Rúa Ourense: Poboado de Nadal
  • Rúa Colón (fachada principal edificio Francisco Sánchez): Árbore coas parroquias, candil,….
  • Paseo da Corredoira:
  • Rúa Ordóñez: Casiña  + Poboado nevado
  • Praza de San Fernando:

Sábado, 30 de novembro

  • Ás 18.30  h dende o balcón do edificio da praza da Inmaculada Acendido do alumeado de Nadal co primeiro axudante de Papa Noel
  • Na praza da Inmaculada actuación do Coro Infantil do CEIP de Pazos de Reis
  • No edificio da praza da Inmaculada apertura do Taller Máxico de Papa Noel
  • No Paseo da Corredoira Apertura das vinte casetas do Mercado de Nadal

Domingo, 1 de decembro

  • Ás 18 h na Oficina de Turismo inauguración do Belén de Mingos
  • No Paseo da Corredoira actuación da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro

Luns, 2 de decembro

  • No Anexo da Sala de Exposicións no edificio Francisco Sánchez inauguración da exposición de obras premiadas en “Pinta Tui

Martes, 3 de decembro

  • De 16 a 20 h no Mercado de San Antonio Obradoiro de Coroas de Nadal
    • Inscrición en  turismo@tui.gal ou en @floresrita.
    • Prezo 60 € (inclúe todos os materiais).  Reserva de praza 20 €

Mércores, 4 de decembro

  • De 18.30 a 21.00 h no Teatro Municipal presentación da serie documental “Rosendo Salvado aventura e misión dun galego en Australia”.
    • Entrada de balde.

Xoves, 5 de decembro

  • Ás 19.00 h no Teatro Municipal Os Bolechas presentan o espectáculo “Os Bolechas tocan nunha grande orquestra”
    • Entrada de balde.

Venres, 6 de decembro

  • Ás 18.00 h na Sala Félix Rodríguez presentación do libro “Astillas de la misma madera” de Fernando J. Álvarez Pereira

Sábado, 7 de decembro

  • De 12.00 a 15.00 h e de 17.00 a 20.00 h no Mercado de San Antonio “Galicia Sabe a Mar” con degustación de tapas gratuíta
  • De 17.00 a 19.00 h no Mercado de San Antonio obradoiro de "Xabóns de Nadal" con Essentia HM. Gratuíto. Inscrición en turismo@tui.gal. Prazas limitadas

Mércores, 11 de decembro

  • Na Sala de Exposicións no edificio Francisco Sánchez apertura do Mercadiño Solidario de Libros
  • Ás 20.00 h no Teatro Municipal Concerto solidario de Nadal do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui.
    • A partir das 18 h Recollida de alimentos por parte de Sos Tomiño Baixo Miño na porta principal do teatro
    • Entrada de balde ata completar aforo e aportando 1 kg de comida non perecedoira.
    • Organiza: Conservatorio/Escola de Música de Tui. Colabora: Sos Tomiño Baixo Miño e Concello de Tui

Sábado, 14 de decembro

  • De 17 a 19 h no Mercado de San Antonio Obradoiro de Nadal de postais en acuarela con Gemma Marqués. Inscrición en turismo@tui.gal. Gratuíto. A partir de 10 anos.

Domingo, 15 de decembro

  • Ás 10 h saída da praza da Inmaculada da Andaina Solidaria da Eurocidade Tui-Valença
    • Percorrido 10 qms.
  • De 10 a 13 h no Mercado de San Antonio Obradoiro de Casiñas de Nadal con Charria Ceramics. Inscrición en turismo@tui.gal. Prezo 60 €.
  • Ás 18.30 h a Rondalla Santa Eulalia de Atios sairá da rúa Lugo, para facer un percorrido pola rúa Betanzos, a Glorieta de Vigo, o Paseo da Corredoira e rematar na  praza de San Fernando.

Luns, 16 de decembro

  • Ás 12 h no Teatro Municipal coros infantís dos CEIP’s de Guillarei, Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Randufe e Rebordáns

Martes, 17 de decembro

  • Ás 18.30 h no edificio da rúa Camilo José Cela
    • Alumnado do Conservatorio/Escola de Música Municipal de Tui:
      • 1ª parte: Solistas e diferentes agrupacións.
      • 2ª parte: Orquestra de cordas do Grao Profesional.

Mércores, 18 de decembro

  • Ás 16.00 h no Centro de Día Amoralia actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui
  • Ás 18.30 h no edificio da rúa Camilo José Cela
    • Alumnado do Conservatorio/Escola de Música Municipal de Tui:
      • 1ª parte: Solistas e diferentes agrupacións.
      • 2ª parte: Banda de ventos e percusión do Grao Profesional.
  • Ás 19.30  h na Sala Félix Rodríguez presentación do libro “Los límites del crecimiento económico y la crisis de ideas de la izquierda” de Ricardo Canosa Bastos

Xoves, 19 de decembro

  • Ás 18.30 h no edificio da rúa Camilo José Cela
    • Alumnado do Conservatorio/Escola de Música Municipal de Tui:
      • 1ª parte: Actuación das alumnas e alumnos de Música e Movemento (5 e 6 anos) + Solistas e diferentes agrupacións.
      • 2ª parte: Conxunto de gaitas do Grao Profesional.

Venres, 20 de decembro

  •  

Sábado, 21 de decembro

  • Ás 21.30 h no Teatro Municipal concerto de Nadal da Eurocidade Tui-Valença “Estrela”
    • A cargo de Mistura Vocal + Jazzitive + Academia de Música da Fortaleza de Valença + Grupo de danza Dance Sen Fronteiras de Valença
    • Venda de entradas dende o luns 9 de decembro aos prezos de 7€ e 5€ en tui.gal
    • Organiza: Concello de Tui e Cámara Municipal de Valença

Domingo, 22 de decembro

  • Ás 13 h no Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela Coral do Centro Sociocomunitario de Tui 
  • Ás 18.30 h no Paseo da Corredoira Orquestra Claxxon
  • Ás 20 h no Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela Coral San Telmo 

Luns, 23 de decembro

  • Obradoiros de Nadal na Biblioteca “O Grinch e as súas travesuras”
  • Ás 16.30 h na Residencia San Telmo actuación da Coral Ponte das Febres
  • Ás 20 h no Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela Coral Ponte das Febres 

Xoves, 26 de decembro

  • Obradoiros de Nadal na Biblioteca “Contos e lendas”

Venres, 27 de decembro

  • Obradoiros de Nadal na Biblioteca “Scape room do Grinch”
  • Ás 16.30 h na Residencia Paz e Ben actuación da Coral San Telmo
  • Ás 21.30 h no Teatro Municipal concerto “Santa Claus” a cargo da Banda de Música Popular de Tui.
    • Venda de entradas dende o luns 9 aos prezos de 5€ e 3€ en tui.gal
    • Organiza: Concello de Tui
    • Colabora: Grupo de Teatro Aloia de Pazos de Reis

Sábado, 28 de decembro

  • Ás 20 h no Teatro Municipal concerto coral de Nadal coa participación das corais Ponte das Febres, Centro Sociocomunitario e San Telmo
  • Venda de entradas dende o luns 9 aos prezos de 3€ e 1€ en tui.gal
  • Organiza: Concello de Tui

Martes, 31 de decembro

  • Ás 10.30 h saída do Paseo da Corredoira da III San Silvestre Solidaria Andar e Correr
    • Inscrición en clubatletismotui.wordpress.com até ás 22 h do 29 de decembro
    • Distancia 4 kms. Solidaria coa AECC
    • Ao remate chocolatada
  • Ás 12 h Badaladas na praza da Inmaculada

Xoves, 2 de xaneiro

  • Obradoiros de Nadal na Biblioteca “Xogando co Grinch”

Venres, 3 de xaneiro

  • Obradoiros de Nadal na Biblioteca “A maxia do Nadal”

Domingo, 5 de xaneiro

  • Cabalgata de Reis da Eurocidade Tui-Valença