Programación 25N

“Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz, contra as violencias machistas!” é o lema co que o Concello de Tui vai conmemorar este ano o 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Do 20 ao 27 de novembro vaise desenvolver un amplo programa de actividades reivindicativas, formativas, e de reflexión. Nas mesmas vai participar a comunidade educativa tudense, xunto a entidades feministas, corpos de seguridade, institucións, profesionais da cultura, entre outros.
- Martes 19 e 26
- Formación para axentes que interveñen na loita contra a violencia machista e na promoción da igualdade co obxectivo de avanzar na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
- Mércores, 20 de novembro, ás 19 h, no edificio Francisco Sánchez,
- Charla en clave de humor “A ciencia da adolescencia" coa actriz Arantxa Treus e a divulgadora científica Leticia Costas.
- Luns 25 de novembro,
- Ás 11.30 h na praza de San Fernando
- Acto colectivo e participativo en colaboración coa comunidade educativa do municipio.
- Participarán tamén a poeta Yolanda Castaño, a cantante Wöyza, e a bailarina Yara Juncal. Froito do programa “Boas Vibes” desenvolvido nas últimas semanas presentarase unha creación artística para promover a igualdade. Haberá ao longo de todo o acto unha acción performativa do alumnado do CEIP nº 1, e o alumnado dos centros educativos darán lectura aos manifestos do 25N.
- Ás 18 h na praza do Concello
- Acto institucional no que a escritora Rexina Vega dará lectura ao manifesto.
- Performance “Non violarás” de Neves Seara e actuación musical de Catuxa Salom.
- Ás 11.30 h na praza de San Fernando
- Mércores 27 ás 19 h no edificio Francisco Sánchez
- Presentación do libro “Os anos tranquilos” de Llerena Perozo.
- Sábado 30 no Mercado de San Antonio
- Performance “Corazón” de Iria Sobrado.
Xunto a estas actividades desenvolveranse tamén outras iniciativas coma programas formativos e charlas informativas en centros educativos nunha clara aposta polo traballo dende a base e as novas xeracións.
Dende o próximo luns 18 e até o mércores 27 a Radio Municipal de Tui contará tamén na súa programación matinal cun espazo dedicado ao 25N coa presenza de diversas persoas expertas nas que se abordará dende a educación, as axudas, as actividades previstas…