Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui investirá case 62 mil euros na mellora da capa de rodadura no camiño que une os núcleos dos Baños e a Igrexa en Caldelas

12/06/2024

A obra será financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

O Concello de Tui vai proceder á mellora da capa de rodadura no camiño que une os núcleos de os Baños e a Igrexa, na parroquia de Caldelas. O obxectivo dos traballos é  reparar o pavimento xa que presenta un estado moi deteriorado, e deste xeito mellor a seguridade vial na zona. Procederase á limpeza de cunetas, fresado do firme actual, reposición do pavimento, formación de cunetas e pintado da sinalización horizontal. A actuación abrangue unha superficie de 2.706 m2.

A obra de mellora da capa de rodadura no camiño que une os núcleos de os Baños e a Igrexa conta cun orzamento de 61.760,41 € financiados ao 100% ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).