Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mellorada a capa de rodadura na Gándara en Guillarei cun investimento superior aos 57 mil euros

15/01/2024

A obra executouse co financiamento da AGADER ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños

Ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños de Titulariedade Municipal 2023-24 da Axencia Galega  de Desenvolvemento Rural, AGADER, o Concello de Tui vén de executar a obra de Mellora da Capa de Rodadura na Gándara en Guillarei cun investimento de 57.038,95€. O 100% do investimento foi financiado pola AGADER.

Os traballos executados consistiron na limpeza de cunetas, fresado do firme existente nalgúns tramos, reposición do pavimento con novo asfaltado, formación de cunetas e pintado da sinalización horizontal xunto a outras obras accesorias.

A actuación executada redunda no incremento da seguridade vial na zona.