Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Comeza en Tui a implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz

30/07/2024

As persoas que rexistren algunha afectación na TDT poden contactar con Llega 700 no 900 833 999 ou en www.llega700.es

Nas próximas semanas comezará en Tui o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá gozar de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron o inicio deste proceso no municipio.

Coa nova rede móbil ábrese a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos e permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña.

Amais a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canais 49 ao 60 de UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o acendido das estacións, polo que Llega700 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo ningún.

A ciudadanía que rexistre algunha incidencia derivada da posta en marcha destes servizos poden dirixirse ao teléfono de atención gratuíto 900 833 999 ou á páxina web www.llega700.es