Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XVIII Música no Claustro

Data: 
1/08/2024
Lugar: 
Claustro da Catedral de Tui

Do 1 ao 7 de agosto o Claustro da Catedral acolle a 18ª edición de Música no Claustro baixo o lema "Catedral Atlántica". 

Concertos

  • Xoves, 1 de agosto, 21h

    • LULA PENA “Archivo Pittoresco” | Portugal

  • Venres, 2 de agosto, 21h

    • LAURA MARCHAL, con VÍCTOR FRANCO E JESÚS CAMPOS “Aceitunitas negras”. Flamenco |Andalucía

  •  Sábado, 3 de agosto, 21h

    • FAIA, con BLEUENN LE FRIEC “Maternidade”. Arrolos e cantigas | Galicia

  • Domingo, 4 de agosto, 21h

    • TANA SANTANA QUINTETO “Hiru”. Jazz | Entre Canarias e Galicia

  • Luns, 5 de agosto, 21h

    • TRIO DA KALI  Pre-estrea discográfica de “Da Kali” | Mali

  • Martes, 6 de agosto, 21h

    • PEDRO LAMAS, con  GERMÁN DÍAZ e ANTONIO ROMERO CIENFUEGOS “The music of Galicia (1924): o papel de J.B. Trend”. Música medieval e tradicional, jazz | Galicia

  • Mércores, 7 de agosto, 21h

    • MOSER STRING QUARTET. Obras de Purcell, Mendelssohn, Mozart e María Teresa Prieto. Música de cámara | Suiza

Obradoiros de Artesanía en familia

Inscrición en musicanoclaustro.com

  • ESTAMPAXE CREATIVA 

    • Luns, 5 de agosto, grupos ás 10h30, 11h45 e 13h

    • Construción dun selo e estampaxe creativa en caderno e libretiña de sementes

  • CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETA 

    • Martes, 6 de agosto. Obradoiro de 8 horas de duración: de 10h a 14h e 16h a 20h

    • Construción dunha pandeireta a partir dunha peneira

  • OBRADOIRO MUSICAL DE INICIACIÓN Á PANDEIRETA 

    • Mércores, 7 de agosto. Obradoiro de 2 horas de duración: de 11h a 13h

    • Clase de iniciación á pandeireta con Uxía Diz

Resonancias, Foro de Instrumentos Musicais 

  • Cuarta edición do foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS®. Coma principais novidades, destaca a convocatoria dunha mesa redonda participativa Encontro de Encontros.
  • RESONANCIAS é unha iniciativa da Fundación Pública Artesanía de Galicia da Xunta de Galicia no marco do festival Música no Claustro, baixo o comisariado de Samuel Diz

  • Inscrición a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Número de prazas: 50 persoas.. Prezo xeral: 30 € / Prezo reducido para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia: 20 €.

Máis información en  Música no Claustro.