Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ilumínase de verde e morado para visibilizar o ELA e a Síndrome de Dravet

20/06/2024

O Concello de Tui súmase á conmemoración do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que ten lugar mañá venres, 21 de xuño, e do Día Internacional da Síndrome de Dravet, que ten lugar este domingo, 23 de xuño.

Para iso, a fachada da Casa do Concello iluminarase de verde esta noite e de morado o domingo 23. Desta forma, o municipio únese á visibilización destas enfermidades e mostra o seu apoio ás persoas que as padecen e ás súas familias.

O Concello responde así á solicitude feita dende AGAELA, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, para sumarse á #LuzporlaEla, unha acción de visibilidade coincidindo co Día Internacional desta enfermidade e que, se leva a cabo a nivel nacional, para darlle visibilidade e que a sociedade comprende a que se enfrontan as persoas enfermas e as súas familias ante este diagnóstico.

Por outra parte a Fundación Síndrome de Dravet solicitou tamén a colaboración do Concello iluminando de morado un edificio, neste caso a casa do concello, co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a realidade desta enfermidade e impulsar a investigación científica para atopar tratamentos máis eficaces e esperanzadores.

Deste xeito o Concello de Tui responde á solicitude realizada por estas dúas entidades, ao igual que ao longo do ano fai con outras asociacións, federacións e fundacións, para sensibilizar á poboación sobre distintas enfermidades e a importancia da investigación para atopar curas ou tratamentos.