Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Listaxe de persoas admitidas no Campamento Tecnolóxico 2024

20/06/2024

Vense de publicar a Listaxe de persoas admitidas no Campamento Tecnolóxico 2024.

Cada participante deberá solicitar os días 21 e 24 de xuño, a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas:

  • Presencialmente no departamento de Tesourería do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do/a participante e as quendas ás que este inscrito/a.
  • Por enderezo electrónico cobros@tui.gal , indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa, ademais do nome do/a participante e as quendas ás que este inscrito/a.

Para o pagamento da taxa, cada participante terá ata o vindeiro luns 24 de xuño:

  • Telemáticamente: https://tui.ovt.gal/ (escoller a opción Servicios disponibles Sin Certificado Digital / PAGO DE RECIBOS (PASARELA DE PAGOS) / AUTOLIQUIDACIÓN, ata o día 24/06/2024.
  • Nas entidades ABANCA e BANCO SANTANDER, ata o día 24/06/2024.
  • En efectivo, na Caixa do Concello de Tui sita nas dependencias do departamento de Tesourería, ata as 14.00 horas do día 24/06/2024.

O importe por participante e quenda é de 15,28 €.

A persoa admitida que o día 24 de xuño non fixera o ingreso da cada quenda, será dado de baixa.

No caso de renuncia á algunha quenda, deberán presentala de xeito expreso:

  • Presencialmente no Rexistro do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do/a participante e as quendas ás que renuncia.
  • Por sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/info.0 mediante unha instancia xeral

Listaxe Campamento Tecnolóxico 2024