Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornada de Sensilibización con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Data: 
20/06/2024
Lugar: 
Paseo da Corredoira

Con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas o Paseo da Corredoira acollerá o xoves, 20 de xuño,  de 11 a 15 h unha serie de actividades organizadas pola Asociación Diversidades en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo das mesmas  é achegar á cidadanía e veciñanza de Tui a realidade que viven as persoas que teñen que fuxir dos seus países de maneira forzada por mor de conflictos armados, persecucións, relixión, ideas políticas, etc. e solicitar refuxio noutro país coma é España.  Ao tempo farán repaso dos  4 años de traballo da entidade en Tui.

Así na Corredoira mañá haberá

1. Unha exposición explicativa de qué significa ser refuxiado, a situación dos refuxiados no mundo e en España e do traballo da asociación nos seus centros de acogida en Tui nos 4 años de existencia. 

2. Dinámicas e xogos de sensibilización a pe de rúa.

3. Espazo de diálogo e compartir podendo as persoas que quieran preguntar e coñecer está realidade e reflexionar sobre o que o refuxio implica.

Pola tarde, ás 19.30 h na sala do Xacobeo,  no edificio Francisco Sánchez, inaugurase a exposición "Fronteiras do pensamento" do fotógrafo Gabriel Tizón. Haberá tamén unha charla-coloquio co autor onde a través do seu traballo e experiencia de máis de 30 anos achegará a realidade de tantas persoas que pola desigualdade e os conflictos vense forzados a fuxir buscando refuxio.