Exposición Fronteiras do Pensamento
![](https://tui.gal/sites/default/files/styles/large/public/agenda/concello-de-tui-expo-fronteiras-do-pensamento.jpeg?itok=7qoLJhkn)
Data:
20/06/2024
Lugar:
Sala Xacobeo. Edificio Francisco Sánchez
A sala do Xacobeo, no edificio Francisco Sánchez, acolle do 20 de xuño ao 18 de xullo a exposición "Fronteiras do pensamento" do fotógrafo Gabriel Tizón.
A inauguración será o xoves 20 ás 19.30 h contando cunha charla-coloquio do autor que a través do seu traballo e experiencia de máis de 30 anos achegará a realidade de tantas persoas que pola desigualdade e os conflictos vense forzados a fuxir buscando refuxio.
Organiza Diversidades Acoge en colaboración co Concello de Tui, Gabriel Tizón, e Utopía project.