Campamento de Verán Tecnolóxico

Este verán o Concello de Tui achega unha experiencia de aprendizaxe e diversión: o Campamento Tecnolóxico “Smart Explorers Tui”.
Un formato pensado para a conciliación familiar no que nenos e nenas entre 7 e 14 anos traballarán habilidades dixitais e tecnolóxicas fundamentais para o seu futuro. Entre as actividades se inclúe programación de videoxogos e apps, deseño e impresión 3D, electrónica dixital, intelixencia artificial, animación, ciberseguridade, música dixital, prototipado rápido e Design Thinking. O mellor de todo é que cada semana é unha aventura temática diferente incluíndo: Viaxes no tempo; Maxia e Mitoloxía; Xapón Misterioso; Ciencia Ficción e a Conquista do Espacio.
O campamento estará dispoñible por semanas, de luns a venres, de 9 a 13 horas. Os monitores e monitoras de Smart Explorers son profesionais da formación STEAM (do inglés Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas).
NFORMACIÓN DO CAMPAMENTO
- Datas: Do 1 ao 31 de xullo
- Horario: De luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 13:00 h
- Lugar: edificio Francisco Sánchez
- Idades: Nenos e nenas de 7 a 14 anos
- Prazas: 30 por quenda
- Prezo: 15,28 € por quenda dunha semana
- Quendas
- 1ª .- Do 1 ao 5 de xullo
- 2ª.- Do 8 ao 12 de xullo
- 3ª.- Do 15 ao 19 de xullo
- 4ª.- Do 22 ao 31 de xullo ( non haberá actividade nin o 25 nin o 26)
INSCRICIÓN
- Do venres 14 ao martes 18 de xuño a través da sede electrónica do Concello de Tui ou por rexistro de entrada.
Bases Campamento Verán Tecnolóxico 2024
Solicitude e Documentación Campamento Verán Tecnolóxico 2024