Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

MUMI

Data: 
12/09/2024
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

O Encontro Profesional de Músicas Galiza-Portugal 2024, MUMI, celebrarase na Eurocidade Tui-Valença do 12 ao 15 de setembro. 

Os galegos Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo; e os portugueses Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma, presentarán a súas propostas musicais nos showcases do MUMI do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.

O MUMI contará cun programa de conferencias, palestras, speedmeetings e sesións de traballo conxunto, xunto a outras propostas musicais que se anunciarán próximamente.

Por outra parte continúan abertas as inscricións profesionais para o MUMI 2024  a través da páxina mumimusicas.eu de forma gratutíta ata o 8 de setembro.

Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral, daranse cita neste mercado de músicas que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, o Concello de Tui e a Câmara Municipal de Valença, e a colaboración da Deputación de Pontevedra, a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal e a Fundação GDA. 

https://mumimusicas.eu/