XXV Feira do Libro Galego

O Paseo da Corredoira acollerá o sábado, 25 de maio, a XXV Feira do Libro Galego. Contará con 15 postos das libraría Espazo Lector Nobel e Librería Iris, que ofrecerán un 10% de desconto. Presentarán as novidades editoriais tanto de literatura coma de non ficción para todos os públicos. Terá especial protagonismo a obra de Luisa Villalta, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
O programa da XXV Feira do Libro Galego será o seguinte:
- Ás 12.00 h inauguración desta Feira do Libro Galego a cargo de Alfonso Ferreira, autor de diversos libros sobre peregrinación e outros de carácter infantil.
- Ás 12.30 h Espectáculo para familias “Caderno de cores e cancións” con Magín Blanco.Concerto participativo no que Magín Blanco, na compañía do músico Pablo Vidal, convida ás crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións. As melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas sucédense ao longo do espectáculo.
- Ás 19.00 h Espectáculo “Picadiscos” con MariFaltri. Proposta orixinal e sorprendente: un picadiscos de música infantil no que María brinda aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar, xogar e divertirse aprendendo as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.
Ao longo da toda a xornada na Oficina de Turismo poderase visitar unha mostra de bibliografía tudense, cunha escolma de libros sobre a nosa cidade, que está a dispor dos interesados na Biblioteca Municipal.
Exposición de ata dez pósters dedicados a Luisa Villalta realizados polo alumnado doutros tantos centros educativos tudenses.