III Xornadas Educativas
![](https://tui.gal/sites/default/files/styles/large/public/agenda/concello-de-tui-xornadas-educativas-anpas-2024.jpg?itok=eoplHrC2)
As ANPAS de Tui, coa colaboración do Concello de Tui e do Seminario Menor, organizan as III Xornadas Educativas que se van celebrar no salón de actos do Seminario Menor os xoves 16, 23 e 30 deste mes.
A primeira conferencia o xoves 16, ás 19 h, no salón de actos do Seminario Menor será “Estratexias para crear unha relación de confianza e seguridade dende a infancia ata a adolescencia” a cargo de Teresa Lillo, psicóloga clínica, neuropsicóloga e logopeda de Psicologuiños.
O xoves 23 de maio, ás 19 h, no salón de actos do Seminario Menor, Laura Alonso, optometrista, falará de "A relación entre a visión e a atención en escolares".
Por último o xoves 30 de maio, ás 19 h, no salón de actos do Seminario Menor, Paula Piñeiro e Sonia García, logopedas do Servizo de Ateción Temperá do Baixo Miño, que abordarán "Os sinais de alarma no neurodesenvolvemento infantil".
A entrada é libre. Haberá Espazo Concilia.