Curso de Marcha Nórdica
O Concello de Tui organiza un curso gratuíto de Marcha Nórdica.
Comezará cunha charla informativa o mércores 3 de abril, ás 20.15 horas, na Aula da UNED de Tui. Nesta sesión, na que poderán participar todas as persoas interesadas, ofrecerase información detallada sobre a práctica da Marcha Nórdica, os seus beneficios e as pautas a seguir para participar nas seguintes sesións.
O curso básico constará de dúas sesións de iniciación, que se realizarán dende o pavillón da Macoca, nas seguintes datas:
• Primeira sesión - Sábado 13 de abril
• Segunda sesión – Sábado 20 de abril
É importante destacar que a inscrición para participar tanto nestas sesións, como nas de consolidación, é obrigatoria, tendo como límite para inscribirse ata o xoves 11 de abril, tendo un máximo de 40 persoas participantes (a partir de 12 anos en adiante), distribuídas en dous grupos:
• Grupo 1 – de 09.30 a 11.30 horas
• Grupo 2 – de 12.00 a 14.00 horas
Posteriormente, levaranse a cabo 10 sesións de consolidación, percorrendo distintas zonas de xeografía tudense, nos seguintes sábados:
• 27 de abril
• 4, 11 e 18 de maio
• 8, 22 e 29 de xuño
• 6, 13 e 20 de xullo
As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico co seu nome, apelidos, DNI e número de teléfono ao enderezo electrónico info@marchanordicagalicia.com ou solicitar máis información no número 629 03 19 05.