Fantoches Baj con “Pedro e o lobo”

Venres, 27 outubro, ás 19.30 h
Xénero monicreques
Publico +4 anos
Duración 50min
Idioma galego
Prezos 4€ - 3€
Dirección e adaptación: Inacio Viñariño
Actores / titiriteiros: Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias, Inacio Vilariño
Arranxos musicais: Benxamín Otero
Iluminación: Xacobe Castro
Escenografía: Luchi Iglesias e Inacio Vilariño
Vestiario: Olga Vieites
Deseño cartel, figuras e escenario: Iván Suarez
Pedro e Mariola son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos agora dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. Partindo destes elementos contan ao público como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado, nun día no que toda a aldea andaba á procura dun lobo. Fantoches Baj adapta o clásico Pedro e o Lobo de Prokofiev para contarnos unha historia de emocións humanas: a superación, o amor, a vinganza, o medo e o orgullo e finalmente unha defensa do lobo e da necesidade de valorar a natureza. Na representación empregan marionetas manipuladas coa técnica xaponesa do bunraku e acompañadas coa música do clásico de Prokofiev.