Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo de inscrición para a XXV Feira de Artesanía de Tui

12/04/2023

Celebrarase o sábado 6 e o domingo 7 de maio na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando

O sábado 6 e o domingo 7 de maio celebrarase a XXV Feira de Artesanía de Tui organizada polo Concello de Tui cos obxectivos de promocionar e difundir a actividade artesá e apoiar a comercialización do produto artesán. O Concello de Tui vén de abrir o prazo de solicitude dun dos corenta postos que se instalarán na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando. As persoas interesadas deben cubrir o formulario dispoñible en tui.gal e enviar entre 4 e 6 fotografías dos seus produtos ao correo comercio@tui.gal até ás 14 h do martes 25 de abril.

Terán prioridade as solicitudes de persoas con razón social en Tui e ou na comarca, así coma os artesáns e as artesáns tradicionais populares. Amais valorarase a calidade, singulariedade e carácter diferencial do produto, a variedade de oficios representados na feira,  que sexa un obradoiro radicado en Galicia ou o ofrecemento da realización de obradoiros para o público. Na adxudicación dos postos evitarase que estean contiguos dous postos do mesmo oficio ou similar produtos. As bases completas desta convocatoria poden consultarse en tui.gal.

A Feira de Artesanía celebrarase o sábado 6 coma o domingo 7 de maio de 12 a 21 h na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando.

Bases XXV Feira de Artesanía 2023

Inscrición. (Formulario)