A segunda etapa da volta ciclista O Gran Camiño sae mañá dende Tui
23/02/2023
A segunda etapa da volta ciclista O Gran Camiño sairá mañá venres, 24 de febreiro, dende Tui.
Na praza da Inmaculada estará situada a liña de saída. Será 184,30 qm de percorrido que dende Tui irá a O Porriño, Redondela, Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Pontevedra, Gondomar, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarad. A meta estará no cumio no Monte Santa Trega da Guarda.
A saída está prevista ás 10.25 h estando neutralizados os 2,8 primeiros quilómetros.
En Tui debido á saída desta segunda etapa non se poderá estacionar mañá venres de 7 h a 11 h nas seguintes rúas:
- Paseo da Corredoira até o cruzamento coa Avenida da Concordia
- r/ Augusto González Besada
- r/ Lugo
- Praza de Galicia
- r/ Betanzos
- r/ Compostela no tramo comprendido entre a r/ Betanzos e a r/ Mondoñedo
- r/ Ourense dende a rotonda até a r/ Compostela
- Unha zona do aparcamento na traseira do edificio Francisco Sánchez
Mapa do Percorrido