Oficina de Bioresiduos e Compostaxe

687249953
A Oficina de Biorresiduos e compostaxe do Concello de Tui, situada na nave municipal en Guillarei. O horario de atención á cidadanía é os xoves 11 a 14 h.
Así as persoas interesadas poderán achegarse os xoves para resolver as dúbidas sobre a xestión de residuos e o proceso de compostaxe.
Aquelas persoas que desexen solicitar un composteiro individual, ou o uso de biotrituradoras deberán presentar a solicitude por rexistro xeral no concello ou mediante a sede electrónica. Posteriormente, a mestra composteira porase en contacto coa persoa solicitante para concretar o día de recollida do composteiro ou biotrituradora na nave do concello en Guillarei.




