Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns visita Tui a secretaria de estado de Comercio

27/01/2023

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibirá o próximo luns, 30 de xaneiro, ás 12 h na casa do concello á secretaria de Estado de comercio, Xiana Méndez. Manterán unha reunión de traballo, na que participarán tamén membros da corporación, e a secretaria de Estado asinará no libro de honra do Concello. 

A continuación realizarán un paseo polo centro urbano visitando a zona comercial e o mercado municipal.

Cómpre lembrar que o Concello de Tui é beneficiario dunha das liñas de axuda do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para a reforma e modernización do mercado municipal e para a dixitalización e revitalización do comercio local pola que recibira 1.338.844 € do 1.673.555 € de investimento previsto. Este plan de modernización, dixitalización e revitalización do sector comercial tudense abranguerá a reforma integral da praza de abastos, xunto a preto de 300 establecementos comerciais e 130 postos do mercado semanal dos xoves.

Ás 13.30 h está previsto que tanto o alcalde, Enrique Cabaleiro, coma a secretaria de estado de Comercio, Xiana Méndez, fagan declaracións aos medios de comunicación.