Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O obradoiro de emprego Revaloriza Tui devolve o seu esplendor ao lavadoiro de Fontenla en Areas

8/07/2022

A poucos día do remate do proxecto traballan agora na fonte de Albelos en Guillarei.

O lavadoiro de Fontenla en Areas recuperou o seu esplendor tras a actuación realizada polo alumnado do Obradoiro de Emprego Revaloriza Tui. Este ben patrimonial atopábase nun estado deplorable cheo de maleza e cos distintos elementos nun mal estado de conservación.

Grazas á intervención realizada polo alumnado das especialidades de carpintería e canteiría o lavadoiro foi totalmente recuperado.

A poucos días do remate deste proxecto formativo o alumnado traballa agora na recuperación e embelecemento da fonte de Albelos en Guillarei.

En marzo completaran xa a restauración do lavadoiro de Laxes en Randufe e en xuño do Lavadoiro do  Souto en Guillarei. 

O obradoiro iniciou a súa actividade en outubro de 2021 formando, durante nove meses, a vinte persoas nas dúas especialidades con que conta esta acción de formación e emprego Colocación de Pedra Natural e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira. O alumnado amais destes obras de recuperación d e3 lavadoiro e 1 fonte tamén realizou outras obras complementarias. O resultado destas actuacións constata os coñecementos adquiridos ao longo destes 9 meses polo alumnado de cada especialidade. Ao remate desta acción formativa recibirán o correspondente certificado de profesionalidade e estarán en disposición de incorporarse ao mercado laboral, obxectivo final de toda acción formativa, en dúas profesións que contan con gran demanda na actualidade.

O Concello de Tui aposta pola formación na procura de mellorar o currículo das persoas e facilitar  a súa inserción laboral acurtando distancias sociais e contribuíndo así a reducir o risco de pobreza, a exclusión social e buscando a igualdade de oportunidades tal e como recolle o obxectivo 6 da Axenda Urbana Española promovida polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.