Tui con Orgullo 2022

Data:
27/06/2022
Lugar:
Tui
Celebrar a diversidade e reivindicar unha sociedade máis xusta é o obxectivo do programa de actividades “Tui con orgullo” que por terceiro ano consecutivo se vai celebrar organizado pola Concellería de Igualdade. As actividade comezaron o pasado 17 de xuño e se van prolongar até o venres 1 de xuño.
Tui con Orgullo
- Venres, 17 de xuño, no IES San Paio
- Encontro con Nee Barros
- Luns, 27 de xuño
- Colocación da bandeira representativa do colectivo na casa do concello e iluminación coas cores do arco da vella do palco da música no Paseo da Corredoira
- Martes, 28 de xuño – Día do Orgullo
- Difusión do manifesto do Día do Orgullo en www.tui.gal e nas redes sociais
- Xoves, 30 de xuño, ás 20.30 h na Aula da UNED
- Charla “Educando para o século XXI. Abrazando a diversidade” a cargo de Ana Ojea Alonso, profesora de Secundaria, titora LGTBIQA+ e coordinadora do programa de Atención á Diversidade Sexual, de Identidade de Xénero e Familiar
- Venres, 1 de xullo, no Paseo da Corredoira “Serán de Fantasía”
- Ás 20.30 h espectáculo a cargo da drag pandereteira Meiga-I
- Ás 21.30 h actuación da Big Band do Conservatorio Profesional de Música de Tui.