Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60

15/06/2022

Mañá xoves, 16 de xuño, ás 12.00 horas, na Comandancia Naval do Miño, terá lugar a presentación do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui e a Comandancia Naval do Miño. Celebrarase este sábado 18 de xuño, nas augas do río Miño.

Na mesma estarán presentes o alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, a deputada provincial, Iria Lamas, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, o secretario e o vogal da federación, Marcos Casaleiro e Carlos Estévez, acompañados polo piloto vigués Keko Pereira.