Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O obradoiro de emprego Revaloriza Tui remata a restauración do Lavadoiro de Laxes en Randufe

24/03/2022

O alumnado do obradoiro “Revaloriza Tui 2021” vén de rematar hai uns días a primeira das obras incluídas no proxecto de restauración de elementos patrimoniais municipais. Trátase do lavadoiro de Laxes en Randufe.  O alumnado dos módulos de cantería e carpinteiría comezou en xaneiro estes traballos que veñen de concluír. O lavadoiro que estaba nun estado deplorable recuperou grazas a esta intervención todo o seu esplendor.  O alumnado continuará agora, seguindo o proxecto establecido, coa restauración do lavadoiro de Souto.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, visitaron as obras realizadas e felicitaron ao alumnado e profesorado polo traballo realizado, no que queda patente os coñecementos adquiridos grazas a esta acción formativa.

O obradoiro de emprego Revaloriza Tui 2021 está financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Concello de Tui.