Mañá preséntase o Campionato Galego de Patinaxe Absoluto Grupos Show que na fin de semana se celebra en Tui
Mañá mércores, 23 de marzo, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego Absoluto de Patinaxe en Grupos Grandes e Pequenos, que se celebrará esta fin de semana, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Está organizado polo CPA Ribex, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Patinaxe.
Estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o presidente do comité de patinaxe artístico da Federación Galega de Patinaxe, Alberto Covelo, o presidente e adestrador do CPA Ribex, Santiago Alonso, a secretaria e adestradora do CPA Ribex, Carolina Figueroa, acompañados de concelleiros da corporación municipal de Tui.