Do 15 ao 17 de marzo impartirse un curso de Enoturismo ao abeiro do proxecto Río Miño, destino navegable.
Dentro do proxecto "Río Miño, Destino Navegable", financiado con fondos POCTEP, vaise impartir do 15 ao 17 de marzo un curso de Enoturismo dirixido a guías de turismo e persoal das oficinas de información turística dos concellos de: Tui, Salvaterra, Monção e Valença, ata un máximo de 30 persoas. No caso de que haxa maior número de solicitudes que prazas, atenderase por estrita orde de inscrición.
O obxectivo do curso é coñecer as chaves fundamentais para o aproveitamento profesional do mundo do viño e aumentar as capacidades de comunicación enoturística con clientes nacionais e internacionais.
As persoas interesadas pódense inscribir en proxectos.turismo@xunta.gal. Pódese solicitar máis información no 981 54 74 06.
Curso Enoturismo - Miño, destino navegable - Castelán
Curso Enoturismo - Miño, destino navegable - galego