Curso Enoturismo - Miño, destino navegable
24/02/2022
Áreas:
Turismo
Os días 15, 16 e 17 de marzo vaise realizar un curso de Enoturismo ao abeiro do proxecto Río Miño, Destino Navegable.
Vai dirixido a guías de turismo e persoal das oficinas de información turística dos concellos de: Tui, Salvaterra, Monção e Valença, ata un máximo de 30 persoas. No caso de que haxa maior número de solicitudes que prazas, atenderase por estrita orde de inscrición.
O obxectivo do curso é coñecer as chaves fundamentais para o aproveitamento profesional do mundo do viño e aumentar as capacidades de comunicación enoturística con clientes nacionais e internacionais.