Convocadas as axudas para a adquisición de vivenda no centro histórico de Tui
Están convocadas as axudas para a adquisición de vivenda no centro histórico de Tui deste ano 2022. O pasado venres, 28 de xaneiro, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, publico no DOG nº 19 a "RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A)". O prazo de presentación das solicitudes está aberto até o 30/09/2022, ou esgotamento de crédito.
A continuación resúmense as bases desta convocatoria:
PERSOAS BENEFICIARIAS
- Persoas físicas maiores de idade, que adquiran unha vivenda construída (nova, usada ou que vaia ser obxecto de rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección Histórico-Artístico de Tui.
REQUISITOS XERAIS
- Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
- Estar empadroado na vivenda, ou en caso de rehabilitación, empadroarse no momento da finalización das obras.
- Ingresos anuais da unidade de convivencia: ata 6,5 veces o IPREM.
- Compromiso de que a vivenda vai constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos.
- A persoa solicitante e demais persoas da súa unidade de convivencia non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda no territorio español. *
- O prezo de adquisición da vivenda será como máximo o previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, computando unha superficie útil de 120 m2.
CONTÍA DAS AXUDAS **
- Menores de 35 anos, ata 12.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.
- Maiores de 35 anos, ata 10.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.
- En todo caso, en vivendas situadas no ámbito da Área Rexurbe de Tui, a contía será de 15.000 € por vivenda, como máximo o 20% do prezo da vivenda.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Anexo I, de solicitude.
- Anexo II, de declaración de composición da unidade de convivencia.
- Anexo III, de declaración da persoa solicitante e unidade de convivencia. En caso de non presentar a declaración de IRPF, acompañarase, en cada caso***:
- Certificado de retribucións e retención de empresas.
- Certificado de pensións ou prestacións.
- Escritura pública da adquisición da vivenda, ou contrato privado de adquisición de vivenda, no caso de non dispoñer da primeira.
- Informe técnico acreditativo de que a vivenda adquirida non é susceptible de ser habitada, sen acometer as pertinentes obras de rehabilitación.
- Certificado de empadroamento de todas as persoas empadroadas na vivenda, salvo que a vivenda sexa para rehabilitar.
- Certificado emitido polo concello de que a vivenda está situada no ámbito dun centro histórico.
- Certificado emitido polo concello de que a vivenda está situada no ámbito de Área Rexurbe.
SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
- En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
- Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI400A.
- Prazo de solicitude: Ata o 30/09/2022, ou esgotamento de crédito.
- Prazo de xustificación: Ata o 30/11/2022.
Resolución do 12 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos_ (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2022).
* Exceptúase se se acredita non ter dispoñibilidade desa vivenda en propiedade.
** En caso de adquisición por máis dunha persoa, a axuda que pode recibir cada un deles determinarase aplicando a contía da axuda que lle correspondería no suposto de ter adquirido o 100% da vivenda a súa porcentaxe de cota adquirida. Cada unha das persoas deberá facer a súa correspondente solicitude.
*** Os datos fiscais que se terán en conta nesta convocatoria corresponderán ao exercicio económico 2020.