1ª San Silvestre Popular 2021
Actualización → A 1ª San Silvestre Popular de Tui foi suspendida (+ info )
O venres, 31 de decembro, celebrarase a 1ª San Silvestre Popular de Tui, con carácter non competitivo
A proba está organizada polo Concello de Tui coa colaboración do Club Atletismo Tui.
- Saída: ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira
- Distancia: sinxelo percorrido urbano de catro quilómetros.
- Chegada: Ao paseo da Corredoira
Ao remate, como avituallamento, servirase un chocolate quente con rosca, e entregarase ás persoas participantes un paquete con 12 uvas, para comelas ás 12 horas, ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada.
- A inscrición gratuíta, pode realizarse até ás 23.59 h do mércores, 29 de decembro → INSCRICIÓN
A carreira terá unha compoñente solidaria polo que o día da carreira, o venres 31, dende ás 9.30 h na retirada do dorsal na zona de saída no Paseo da Corredoira, deberase entregar un quilo de alimentos non perecedoiros, que serán doados á Asociación SOS Tomiño – Baixo Miño.