Obradoiros de Nadal na Biblioteca

Data:
29/12/2021
Lugar:
Biblioteca Municipal
Dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" a Biblioteca municipal de Tui acollerá do 29 de decembro ao 4 de xaneiro obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos. Para asistir é preciso inscrición previa en biblioteca@tui.gal.
- Mércores, 29 decembro, ás 17 h: Arte con papel - Papiroflexia/Origami
- Xoves, 30 decembro, ás 17 h: Reciclando a Música - Instrumentos con material reciclado
- Luns, 3 xaneiro, ás 17 h: Cobrando Vida - Creación de marionetas
- Martes, 4 xaneiro, ás 17h: Escola de maxia - xogos de maxia