Camerata Lírica con “La Boheme, concerto escenificado”

O venres, 3 de decembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui Camerata Lírica presenta “La Boheme, concerto escenificado”.
“La Boheme” é a obra mestra de Giacomo Puccini, con libreto de L. Illica e G. Giacosa. É unha ópera en catro actos inspirada na novela do literato Henri Muguer, "Scènes da vie de Bohème"; estreada no Teatro Rexio de Milán o 1 de febreiro de 1896, baixo a batuta de Arturo Toscanini.
Toda a ópera transcorre no bohemio barrio latino de París en 1830 e plasma a relación dun grupo de novos artistas e a historia de amor entre Rodolfo e Mimí paralelamente ao romance entre Mussetta e Marcello, envolvendo ao espectador nunha atmosfera romántica que culmina traxicamente coa morte de Mimí.
Autor: G. Puccini
Dirección musical e piano: Tatiana Studyonova
Elenco: Jose Quintín, Inmaculada Laín, Aberlardo Cárdenas, Andreina Wilians, Rafael Casete, Joth Heat, Willingerd Samuel Gimenez, e Tatiana Studyonova
Escenografía: Rodolfo Albero
Xénero: Lírica | Idioma: castelán |Recomendada: Público adulto | Duración: 90 minutos
Entradas: 8€ e 6€
Entradas á venda até unha hora antes do comezo do espectáculo.