Centro Dramático Galego, CDG, con “O Charco de Ulises”
O Centro Dramático Galego, CDG, inicia en Tui a xira de “O Charco de Ulises”, unha versión libre da Odisea, traspasada de Ítaca a Galicia, de Troia a Bos Aires, do Mediterráneo ao Atlántico. Será o venres, 5 de novembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui.
A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.
Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíra dela.
Dirección e adaptación: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Elenco: Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Fran Paredes, Chusa Pérez de Vallejo, Inés Salvado Gontad, e Paulo Serantes
Escenografía: Pablo Giráldez ‘O Pastor’
Vestiario: Saturna
Iluminación: Salvador del Río
Espazo sonoro e música en escena: Xosé Lois Romero
Xénero: Drama | Idioma: galego |Recomendada: Público adulto + 14 anos| Duración: 95 minutos
Entradas: 8€ e 6€
Entradas á venda até unha hora antes do comezo do espectáculo.