Xornada “Turismo para un crecemento inclusivo”

O Concello de Tui promove unha xornada titulada “Turismo para un crecemento inclusivo” con motivo do Día Mundial do Turismo que se celebra o próximo luns. Será na Aula da UNED no antigo convento de San Domingos de 10 a 13 h. É preciso inscrición previa en turismo@tui.gal. Este é o programa previsto:
Programa “Turismo para un crecemento inclusivo”
10.15 h: Inauguración polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González
10.30: Ponencia de Carlos Rodríguez Carro, profesor do grado en turismo da Universidade da Coruña
11.15 h Mesa redonda: Turismo para todos
- Ana Isabel Mariño - Hotel Torre do Xudeu
- Carlos Estévez - Federación Galega de Motonáutica
- Laura Méndez - Restaurante El Molino
11.45 h A promoción do Camiño Portugués a través das redes sociais por Cristóbal Ramírez
12.30 h Mesa redonda: Novas iniciativas turísticas
- Sara Quintana Vila (Visitas guiadas Tui)
- Natalia Lago Bravo (Educación ambiental no Parque Natural do Monte Aloia – A fada do Aloia)
- Ana Mª Rodríguez Ruiz (centro zoolóxico termal “El Arca” - Balneario de Caldelas)
13.00: Clausura
Organiza: Concellería de Turismo e Camiño de Santiago e Concellería de Emprego e Formación
Lugar: Aula Uned
Inscrición previa en turismo@tui.gal