Sesión gratuíta de Música en Movemento no Conservatorio
14/09/2021
Até mañá mércores está aberta a inscrición para a sesión gratuíta de Música e Movemento para nenos de 5 e 6 anos que este xoves vai impartir o Conservatorio Profesional de Música de Tui. Será este xoves de 17 a 19 h no propio centro.
Esta sesión brindará un achegamento á música dende un punto de vista totalmente lúdico baseado no xogo, baile e canto.
A inscrición pode realizarse no formulario dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/. Tamén enviando a solicitude cuberta ao whatsapp 687 24 99 57 ou ao correo cmus.profesional.tui@edu.xunta.es, ou telefonicamente no 986 60 44 04 ou no 687 24 99 57 en horario de oficina 9 a 13.30 h e de 16 a 21 h