Mostra de Traxes Tradicionais

Data:
4/08/2021
Lugar:
Cárcere Vello
Até o 31 de agosto pódese visitar no cárcere vello de Tui, na rúa Sanz, unha Mostra de Traxes Tradicionais organizada pola Asociación Cultural, Xuvenil e Recreativa San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui.
Na mesma pódense admirar distintas pezas, algunhas orixinais e outras réplicas, da vestimenta tradicional de distintas zonas de Galicia nos últimos séculos.
A exposición abre de luns a sábado 10 a 13 h e de 17 a 20 h.
De forma paralela os venres dia 13, 20 e 27 de agosto ás 19 h haberá obradoiros musicais.