Tui en Letras

Data:
14/05/2021
Lugar:
Tui
O Concello de Tui celebra o Día das Letras Galegas, dedicado este 2021 a Xela Arias, co programa "Tui en Letras" a desenvolver dende o venres 14 ao luns 17 de maio.
A programación prevista é a seguinte:
Venres 14
- Tui Le (en liña)
- Programa colaborativo entre as bibliotecas escolares de Tui, e as bibliotecas municipais de Tui e Valença. O programa emitirase en liña a través de tui.gal e das redes sociais municipais.
- O alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP’s nº1, nº2, Guillarei, Randufe, Rebordáns, Pazos de Reis e Caldelas, do CRA Mestra Clara Torres, do Colexio Santa María Marista con poemas do libro de “Vento, ventiño, venteiro” de Antonio García Teijeiro
- O alumnado do Seminario Menor San Paio e do IES San Paio recita poemas de “Darío a diario” de Xela Arias.
Sábado 15
- Ás 12.30 h na Biblioteca Municipal terá lugar a conferencia “Xela Arias no século XXI” a cargo da escritora Marga do Val.
Luns 17 - Día das Letras Galegas
No Paseo da Corredoira
- De 11 a 13 h Programa Especial da Radio Municipal de Tui
- Ás 11.30 h XXII Feira do Libro Galego
- Coa participación das librarías Espazo Lector Nobel e Iris. Desenvolverase - dadas as actuais condicións sanitarias - nas propias librarías. Abrirán en horario de mañá e tarde. Desconto dun 10% nos libros en galego.
- Ás 12.30 h Pablo Sánchez con "Os contos de Pablísimo". Público familiar. *
- Ás 18.30 h Paporrubio con "Varietés do Animalario". Espectáculo de monicreques con música en directo. Público familiar. *
- Ás 20.45 h Concerto da cantautora MJ Pérez. Interpretará pezas do seu repertorio no que se inclúen adaptacións de obras poéticas en galego. *
* É preciso inscrición no lugar antes do comezo do espectáculo.