Cinema "A illa das Mentiras"
Data:
12/03/2021
Lugar:
Teatro Municipal da Área Panorámica
Paula Cons dirixe “A illa das Mentiras”, un filme protagonizado por Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti e Victoria Teijeiro. O filme proxectarase o venres, 12 de marzo, ás 19.30 h no Teatro Municipal.
Tres mulleres convertéronse en heroinas hai 100 anos ao botarse ao mar para salvar aos supervivintes do Santa Isabel, que navegaba rumbo a Bos Aires con 260 persoas a bordo. Tras o afundimento do barco lograron salvar a 48 persoas. Pero esa noite houbo “terribles casualidades” na illa coma descobre un xornalista arxentino que acudiu á illa a cubrir a noticia do naufraxio.
Duración: 93 minutos
Prezos: 6€ e 5€.
Venda de entradas dende o luns 8 de marzo até o venres 12 ás 18.30 h
Recomendada: Público adulto