Pleno extraordinario da corporación municipal de Tui
A corporación municipal de Tui celebra pleno hoxe xoves, 22 de outubro, ás 20 h, a orde do día é a seguinte:
A) Parte resolutiva:
1º.- Expediente 1884/2020. Proposta de alcaldía para festivos locais 2021.
2º.- Expediente 826/2020. Contratacións. Proposta de Alcaldía de 16/10/2020 sobre rectificación de erro en Anexo II PCAP contratación, mediante procedemento aberto tramitación ordinaria, do “Subministro de enerxía eléctrica no Concello de Tui. Contrato suxeito a regulación harmonizada.
3º.- Expediente 1839/2020. Renovación Declaración de Área de Gran Afluencia Turística.
Considerando que a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria se deberá celebrar a porta pechada para o público. Será retransmitida en directo pola Radio Municipal de Tui.