Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui acredita as súas instalación para impartir cinco novos certificados de profesionalidade

27/08/2020

Tamén obtivo a validación para impartir cinco novas competencias clave

O Concello de Tui vén de recibir a acreditación, por parte da Dirección Xeral de Orientación e Promoción laboral  para poder impartir nas súas instalacións, no Centro Municipal de Formación, cinco novos certificados de profesionalidade. 

En concreto trátase de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais; Docencia de formación profesional para o Emprego; Operacións Auxiliares de servizos Administrativos e Xerais  e Organización e Xestión de Almacéns. 

Amais o Centro Municipal de Formación recibiu tamén a validación para impartir as competencias claves de Alfabetización Informática: Informática e internet; Competencia Matemática N2; Comunicación en Lingua Castelá N2; Comunicación en Lingua Galega N2; Competencias Clave N2 Sen Idiomas: Comunicación en Lingua Castelá e Competencia Matemática.

Estas novas homologacións súmanse ás xa existentes de Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas; Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas; Montaxe de mobles e elementos de carpintería; Instalación de elementos de carpintería; Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica; Axudante de documentación de medios de comunicación; Venda de servizos e produtos turísticos; Azafata auxiliar de congresos; Colocador de prefabricados lixeiros e Colocador de paneis de cartón xeso e similares.

Dende o Concello de Tui, a través da Concellería de Formación e Emprego, apóstase por ampliar a oferta formativa do Centro Municipal de Formación coa finalidade de impulsar e estender entre as empresas e os traballadores ocupados e desempregados unha formación que mellore a empregabilidade e o desenvolvemento persoal e profesional das persoas traballadoras e que responda as necesidades actuais do mercado laboral.