Concerto: Roi Casal con “As músicas do Camiño”

Data:
16/08/2020
Lugar:
Teatro Municipal da Área Panorámica
O domingo, 16 de agosto, ás 22 h, terá lugar na Teatro Municipal o concerto “As músicas do Camiño” de Roi Casal. Debido á previsión de choiva foi trasladado ao Teatro Municipal, xa que inicialmente estaba previsto na rúa Compostela.
Poderán asistir ao concerto 150 persoas tras reservar previamente entrada en www.enterticket.es.
ENTRADAS
- Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 10 de agosto. Máximo 3 entradas por persoa
- Acceso ao espectáculo 45 minutos antes do inicio, por orde de chegada
- As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa
PROTOCOLO COVID19
- Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
- Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
- Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
- A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
- As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento