XVII Andaina Tudense Solidaria

Data:
11/07/2020
Lugar:
Tui
O sábado 11 de xullo vaise celebrar a XVII Andaina Tudense Solidaria organizada polo club AndaTui coa colaboración do Concello de Tui. Realizará un percorrido de 23 quilómetros dende a praza de San Fernando, subindo ao cumio do Parque Natural do Monte Aloia e regreso ao Paseo da Corredoira. Saída escalona por grupos dende ás 10 h.
A inscrición está aberta até o xoves 8 de xullo.
Será solidaria a favor de SOS Tomiño Baixo Miño, polo que dende a organización solicitan que no momento da recollida do dorsal se entregue un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
+ info www.andatui.es