Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bando Fogueiras de San Xoan 2020

18/06/2020
Áreas: 
Alcaldía

Bando Fogueiras de San Xoan 2020

ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,
FAI SABER QUE:

Tendo en conta a normativa autonómica publicada no DOGA 115 de 13 de xuño de 2020 que literalmente d,i no seu punto Cuarto:
Restablecemento de determinadas actividades suspendidas.

… Sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo, das actividades que se indican a continuación, nas condicións que previamente ela estableza: 

c) As festas, verbenas e outos eventos populares, así como as atraccións e feiras.

QUEDAN PROHIBIDAS ATA O DÍA 1 DE XULLO AS CACHARELAS/SARDIÑADAS

Que considerando que a celebración do tradicional acto das cacharelas/sardiñadas de San Xoán e de San Pedro, englóbanse dentro deste apartado c), a concesión de autorización expresas para este tipo de eventos deberán se concedidas pola Xunta de Galicia por ser autoridade competente, a tenor da Resolución publicada no DOGA de 13 de xuño, debido ás causas de excepcionalidade derivadas da crise sanitaria do COVID-19.

Faise constar tamén que só se poderán celebrar cacharelas/sardiñadas en terreos de propiedade privada promovidas exclusivamente por particulares, previa solicitude ante o Concello, adoptándose para elo tódalas medidas de prevención e seguridade impostas pola lei, así como as medidas de prevención, contención e coordinación do COVID-19.