XI Tui Le
Este ano debido á pandemia do COVID19 celébrase on line
Arredor da celebración do “Día do Libro” as bibliotecas escolares de Tui xunto coa Biblioteca Municipal de Tui e de Valença celebran anualmente unha festa do libro e a lectura que reúne a máis de 1500 alumnos. Habitualmente celébrase na praza de San Fernando, pero este ano debido á pandemia do COVID19 e ao confinamento que debemos gardar artellouse a súa celebración on line.
Participan as bibliotecas escolares dos CEIP's nº1, nº2, Pazos de Reis e Rebordáns, do Colexio Maristas Santa María e do IES San Paio.
Estes son os seus vídeos:
O alumnado de 6º do CEIP Nº1 súmanse tamén a Tui Le reflexionando sobre "é tempo de... pero dende a casa".
A profe Eli conta "Que Chega o Lobo"
Dende o CEIP de Pazos de Reis achégannos dous vídeos un do alumnado de Primaria cunha adaptación do monstro de cores e outro de infantil co conto do dragón.
Dende o CEIP de Rebordáns súmanse a Tui Le coa lectura do poema "Terra de Tui" de Emilio Álvarez Blázquez.
O Colexio Maristas editou un vídeo co seu alumnado e profesorado lendo na casa
IES San Paio
Alumnado do IES San Paio emprega o poema "Libros aberto, libros pechados" no seu vídeo para felicitar o Día do Libro