Tui despide o Entroido este domingo coa celebración do Enterro do Bacallau
Tui despide este domingo, 1 de mazo, o Entroido coa celebración do Enterro do Bacallau.
Este evento comezará ás 19.30 h na Praza de San Fernando dende onde partirán os membros das 12 comparsas que desfilaron o martes nas rúas novas da cidade, así coma todas aquelas persoas que o desexen, de rigoroso loito.
O percorrido irá pola rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, Paseo da Corredoira, con parada no Cantón de Diómedes para realizar o funeral ao finado Bacallau. A comitiva continuará polas rúas Augusto González Besada, Ourense e rematará no Aparcadoiro Municipal, onde terá lugar a cerimonia de incineración para dar remate á festa.
Segundo o establecido nas bases a comparsa Cantos Somos será a portada do Bacallau por se os gañadores da categoría Xera, e serán a escolta ao ser os gañadores do Acompañamento Musical. Mentres a comparsa do Entroido de Pexegueiro, por ser os gañadores en Carrozas, son os encargados da fabricación do Bacallau.
Restricións no tráfico
Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo dende ás 11 h ás 22 h estará pechada o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e por tanto non se poderá estacionar no mesmo.